
As coidadoras de Bergondo participan nun itinerario formativo para mellorar o seu empoderamento persoal e a súa activación social
Fundación Mujeres imparte unha serie de talleres dirixido ás persoas coidadoras no marco do Convenio asinado co Concello de Bergondo para promocionar accións de carácter formativo coa finalidade de mellorar a situación social, a calidade de vida e os dereitos plenos das mulleres de dito municipio.