
As coidadoras asisten a un obradoiro sobre o uso da medicación e primeiros auxilios.
Fundación Mujeres, coa colaboración da Escola Galega de Saúde, organizou unha xornada sobre primeiros auxilios, no marco dos Espazos de Participación do proxecto SAIC. O taller estivo impartido por persoal médico que lles ensinou cómo actuar ante unha emerxencia médica.








