Xuntas e fortes, paramos o 8 de marzo por nos, con nos e dende nos

Xuntas e fortes, paramos o 8 de marzo por nos, con nos e dende nos

No marco do  proxecto Prevención de la Violencia de Género y mejora de la Salud Sexual y Reproductiva de las mujeres en 10 comunidades de El Viejo, Chinandega (Nicaragua) FASE 2, cofinanciado pola Xunta de Galicia e executado por APADEIM e Fundación Mujeres., lideresas e líderes das 10 comunidades meta e outras comunidades rurais onde tamén traballa APADEIM, realizaron varias actividades de maneira simultánea con motivo da conmemoración do 8 de marzo. Ademais, tamén participaron na marcha por o paro internacional en Managua, convocada polo movemento de mulleres e feminista de Nicaragua.

Así mesmo, en El Viejo, realizouse un foro onde se deu a coñecer porque se celebra o día internacional da muller e o motivo do paro. Presentáronse vídeos sobre a historia do movemento de mulleres e feminista a nivel mundial, resaltando a loita do movemento sufraxista.

O 7 de marzo, APADEIM participou nunha conferencia de prensa para anunciar as actividades do 8 de marzo convocadas polas organizacións de mulleres de Chinandega.

Xuntas e fortes, paramos o 8 de marzo por nos, con nos e dende nos

Xuntas e fortes, paramos o 8 de marzo por nos, con nos e dende nos