Traballando os dereitos sexuais e reprodutivos e a prevención da violencia contra as mulleres mediante o uso de curtametraxes en El Salvador

Traballando os dereitos sexuais e reprodutivos e a prevención da violencia contra as mulleres mediante o uso de curtametraxes en El Salvador

Dúas semanas intensas, entre o  27 de novembro e 9 de decembro, nas que se desenvolveron catro xornadas para explicar aspectos técnicos e unha aproximación ao medio audiovisual, elaboración de guións cinematográficos, preprodución de curtametraxes, organización de equipos e inicio da rodaxe, así como a gravación das curtametraxes.

Estes talleres déronse co obxectivo de traballar os dereitos sexuais e reprodutivos e a prevención da violencia contra as mulleres mediante o uso de curtametraxes, que á súa vez xeren produtos de incidencia política que poidan ser difundidos a todos os públicos. Ademais, estes materiais serán utilizados na campaña de sensibilización que se desenvolverá ao interior da Policía Nacional Civil no Salvador.

As e os participantes foron mulleres adultas integrantes dos Comités de Prevención de Violencia Contra as Mulleres, así como mulleres e homes novos que forman parte das actividades formativas do proxecto nos 6 municipios aos cales se dirixe esta intervención. Non tiñan experiencia previa de participar na elaboración de produtos audiovisuais, con todo mostraron interese e moi boa disposición no desenvolvemento das xornadas.

O alumnado participante no taller dividiuse en dous grupos e tiveron a oportunidade de seleccionar as temáticas a desenvolver nos produtos audiovisuais. O resultado final serán dous curtos, un denominado «Cicatrices» que trata sobre as marcas nos corpos produto da violencia que marca a vida de moitas mulleres. O segundo, aínda sen título, trata a violencia sexual, que tamén é unha problemática que afecta as mulleres na sociedade salvadoreña.

A realización destes materiais, son parte das accións de incidencia que se están facendo nas comunidades, desde accións cotiás para a sensibilización de mulleres e homes respecto da violencia contra as mulleres e na difusión dos mesmos.

Este taller forma parte das actividades realizadas no proxecto «Contribuíndo ao empoderamiento das mulleres nos dereitos sexuais e reprodutivos e dunha vida libre de violencia no occidente de El Salvador«, executado por Las Mélidas, en coordinación con Fundación Mujeres e o apoio financeiro da Xunta de Galicia.