Rematamos o obradoiro de Saúde e Autocoidado en Culleredo

Rematamos o obradoiro de Saúde e Autocoidado en Culleredo

Durante o obradoiro de Saúde e Autocoidado, englobado dentro do programa formativo do Servizo de Apoio Integral a Coidadoras no medio rural, executado por Fundación Mujeres e cofinanciado pola Deputación da Coruña, fomos tomando conciencia das consecuencias do coidado dunha persoa dependente e o importantísimo que é desenrolar unhas estratexias para o noso autocoidado como mulleres coidadoras.

Entre as mesmas participantes destacamos actividades que lles axudan a relaxarse e dedicarse un pouco de tempo para sí mesmas, como por exemplo, darse un baño, dar largos paseos, coidar a horta, ir tomar un café coas amigas cando se pode, ver a televisión, acudir a estos obradoiros…

Tamén dedicamos tempo a falar da importancia dun profundo sono e das dificultades que teñen as usuarias para sentirse descansadas despois dunha noite dedicada ás distintas atencións que precisa a persoa que teñen ao seu coidado.

Chegamos a conclusión de que calque intre é adecuado para facer unhas respiracións profundas, sobre todo, se nos atopamos irritadas, alteradas ou agotadas. En xeral, falamos de sinxelas técnicas que podemos apricar en calquer sitio e en calquera situación, e que nos van reconfortar enormemente.

Rematamos o obradoiro de Saúde e Autocoidado en Culleredo

Rematamos o obradoiro de Saúde e Autocoidado en Culleredo