Presentación dos mapas de risco elaborados en Atiquizaya (El Salvador)

Presentación dos mapas de risco elaborados en Atiquizaya (El Salvador)

A elaboración dos mapas é unha das actividades que se realiza no marco do proxecto “Contribuíndo ao empoderamiento das mulleres nos dereitos sexuais e reprodutivos e dunha vida libre de violencia no occidente de El Salvador”, executado por Las Mélidas en coordinación con Fundación Mujeres e o apoio financeiro da Xunta de Galicia.

Neste proceso, iniciado en setembro de 2017, participaron mulleres de distintas comunidades do municipio de Atiquizaya ofrecendo información sobre os lugares onde corren perigo e de qué tipo.

Un dos aspectos positivos da realización dos mapas foi, precisamente, a participación das mulleres, brindando información de primeira man.  Non foi un procedemento fácil pero os resultados amosan unha información moi valiosa que vai desde lugares onde se producen ataques ocasionados pola delincuencia común ou crime organizado, ata violencia intrafamiliar.

A presentación dos mapas realizouse  ante representantes da Policía Nacional Civil (PNC), a Unidade de Saúde, o Instituto Salvadoreño para o Desenvolvemento da Muller (ISDEMU), a Unidade de Xénero Municipal de Atiquizaya e lideresas representantes das súas comunidades que participaron na realización dos mapas.

Lorena Burgos, representante de ISDEMU, comentou que é necesario acabar coa violencia contra as mulleres e que os mapas representaban unha ferramenta eficaz facilitando a localización dos riscos concretos que afrontan as mulleres.

As persoas representantes das institucións alí presentes asinaron un convenio para por en marcha accións encaminadas a redución dos riscos que as mulleres sinalaron, así como o compromiso por parte da PNC para facer máis eficaces os patrullajes nas comunidades.

No seguinte link teñen acceso ao material elaborado no marco do proxecto: Mapa de risco de violencia contra as mulleres.

Presentación dos mapas de risco elaborados en Atiquizaya (El Salvador)

Presentación dos mapas de risco elaborados en Atiquizaya (El Salvador)