Planificación das actividades para o novo ano nas comunidades, ca participación activa das persoas participantes no proxecto, en El Viejo (Nicaragua)

Planificación das actividades para o novo ano nas comunidades, ca participación activa das persoas participantes no proxecto, en El Viejo (Nicaragua)

Durante o mes de febreiro, no marco do proxecto “Prevención de la Violencia de Género y mejora de la Salud Sexual y Reproductiva de las mujeres en 10 comunidades de El Viejo, Chinandega (Nicaragua) FASE II”, cofinanciado pola Xunta de Galicia e promovido por APADEIM e Fundación Mujeres, desenvolvéronse visitas de campo ás comunidades para a consulta e planificación das actividades a desenvolver ó longo do 2017 cas mulleres e os homes das comunidades rurais de El Viejo participantes no proxecto, que participaron activamente na planificación das actividades.

Durante estas visitas as mulleres e os homes compartiron as súas axendas cotiás, os seus compromisos con outras accións de outros proxectos e as súas dinámicas persoais, así mesmo, a dispoñibilidade de tempo para asistir ás formacións e accións do proxecto.

Con esta información, o equipo técnico, pola súa parte, reuniuse para poder establecer un calendario cas actividades a desenvolver nos próximos meses nas diferentes comunidades. Así mesmo, están traballando nos deseños metodolóxicos de todas as formacións previstas na segunda anualidade do proxecto, no que se explican como se van a desenvolver as acciones formativas, encontros comunitarios e demais actividades. Para 2017 están previstas 7 formacións en cada unha das 10 comunidades, tanto con mulleres e homes, coa finalidade de continuar  promovendo a prevención da violencia cara ás mulleres e a mellora da saúde sexual e reprodutiva das mulleres. Tamén se desenvolvesen dous encontros intercomunitarios, un con mulleres enmarcado no día de acción pola saúde das mulleres e día de loita contra o cancro, e o outro con homes que se enfocará en fomentar os coidados na súa saúde e a das súas parellas para gozar deuna boa saúde sexual e reprodutiva.

Ademais, está a coordinarse coas Xochilt Acalt o seguimento dos recoñecementos xinecolóxicos para as mulleres atendidas en 2016 así como aos homes cuxos exames saíron positivos en ITS.

As persoas participantes no proxecto mostráronse motivadas por continuar co proceso formativo iniciado en 2016, pois supón, segundo comentan, unha mellora na súa calidade de vida e nas relacións persoais, familiares e comunitarias.