Novo proceso de formación en dereitos sexuais e reprodutivos e liderado transformativo cos mozos de El Salvador

Novo proceso de formación en dereitos sexuais e reprodutivos e liderado transformativo cos mozos de El Salvador

Como parte das accións para contribuír aos cambios culturais en favor dunha vida libre de violencia para as mulleres, iniciarase este proceso formativo con homes novos que ten algún tipo de vínculo coas mulleres participantes dos municipios mencionados.

Estes talleres, facilitados polo equipo de Hombres por la Equidad, preténdese lograr un cambio de actitude nos mozos que favoreza unha cultura de non violencia e respecto aos dereitos das mulleres.

Previo ao comezo do proceso formativo levouse a cabo unha reunión co equipo facilitador e persoal técnico das Mélidas na que se definiu o número de participantes, rango de idade e os días nos que se realizará a formación, entre outros detalles.

Outros dos obxectivos da devandita formación, que terá unha  duración de 5 xornadas de día e medio, é que os mozos participantes poidan crear lazos de confianza entre eles, intercambien experiencias, adquiran habilidades de liderado  transformativo e sexan capaces de pór en práctica e replicar os coñecementos adquiridos.

Estas accións son parte das actividades formativas do proxecto “Mulleres salvadoreñas avanzando cara ao cumprimento dos dereitos sexuais e reprodutivos e dunha libre de violencia” executado por Las Mélidas en coordinación con Fundación Mujeres e o apoio financeiro da Xunta de Galicia.