Iniciada a segunda anualidade do proxecto en El Salvador

Iniciada a segunda anualidade do proxecto en El Salvador

Co inicio de ano retómanse as accións a executar no marco do proxecto «Mulleres salvadoreñas avanzando cara ao cumprimento dos dereitos sexuais e reprodutivos e dunha libre de violencia«, executado por Las Mélidas en coordinación con Fundación Mujeres e o apoio financeiro da Xunta de Galicia. O 2018 pechouse cun proceso de formación no que participaron máis de 50 lideresas das comunidades do catro zonas de traballo das Mélidas, ademais dunha campaña de ciberactivismo, enfocada na prevención da violencia contra as mulleres, impulsada polos homes novos participantes no proxecto.

Este ano espérase realizar unha nova campaña relacionada á sensibilización e promoción dos dereitos sexuais e reprodutivos contando coa participación das mulleres e homes dos grupos meta no seu deseño e execución.

Así mesmo iniciarase un novo proceso de masculinidades transformativas, que será facilitado por Hombres por la Equidad, no que se espera a participación de polo menos 20 homes.

Por outra banda, continuarase fortalecendo os espazos de articulación entre as organizacións de mulleres líderes no Salvador, co fin de incidir na axenda política nacional no relacionado aos dereitos sexuais e reprodutivos.

Todas estas accións realízanse co obxectivo de mellorar as condicións das mulleres respecto dos seus dereitos sexuais e reprodutivos e vivir unha vida libre de violencia.

Iniciada a segunda anualidade do proxecto en El Salvador

Iniciada a segunda anualidade do proxecto en El Salvador