Mulleres e homes de El Viejo reflexionan e avalían os procesos formativos nos que participaron no ámbito da saúde sexual e a saúde reprodutiva

Mulleres e homes de El Viejo reflexionan e avalían os procesos formativos nos que participaron no ámbito da saúde sexual e a saúde reprodutiva

Dentro das accións contempladas no proxecto «Prevención da Violencia de Xénero e mellora da Saúde Sexual e Reprodutiva das mulleres en 10 comunidades de El Vijeo, Chinandega (Nicaragua) Fase 2«, cofinanciado pola Xunta de Galicia e executado por APADEIM e Fundación Mujeres, están a desenvolverse talleres de análises con mulleres e homes participantes nos procesos formativos realizados nas distintas comarcas de El Viejo.

Mulleres e homes tiveron a oportunidade manifestar, no taller de análise, aspectos relativos aos procesos que cada cal logrou a travesar grazas á participación activa nas accións do proxecto, os cambios xerados desde a apropiación dos contidos impartidos en cada sesión así como o impacto que tivo na súa vida cotiá.

Entre os diversos testemuños que xurdiron no taller de análise, unha das mulleres compartía xunto coa súa conyugue o seguinte:

Cuando comenzaron las reuniones en la comunidad los hombres de la comarca acusaban a mi compañero de ser homosexual por andar en reuniones aprendiendo de estos temas, hasta en la misma familia se reían de él y lo acusaban de no tener carácter, muchos hombres pasan por eso cuando están intentando hacer cambios y aprender a ser hombres de mejor actitud” (Comunidad Manguito).

Son notorias as dificultades sociais e os elementos obstaculizadores que inciden en que moitos homes, en etapas iniciais, mostren resistencia para integrarse ás formacións e accións do proxecto.

Os homes e as mulleres que integran os grupos metas expresaron que a miúdo senten que se lles sinala desde a comunidade, que aínda presenta trazos arraigados do sistema patriarcal, onde se sanciona á muller que se afasta das accións domésticas e aposta polo seu propio benestar. Así o expresa unha das mulleres que integraba o taller de análise:

Yo me encargo la mayoría de veces de ir a convocar a las reuniones a las mujeres y escucho la forma en que la gente nos señala de vagas, de mujeres sin oficio y hasta malas mujeres nos gritan por los caminos, ellos no quieren entender que nosotras somos más capaces y merecemos ver por nosotras mismas, ya que nadie más lo hará” (Mujer lideresa de la comunidad La Curva)

Outro dos elementos interesantes que xurdiron durante o desenvolvemento do taller ten que ver coa avaliación que os grupos fixeron sobre as temáticas dos procesos impartidos, así como á metodoloxía implementada no desenvolvemento dos talleres formativos. En relación a este aspecto uno dos homes do grupo manifestou o seguinte:

«Al comienzo pensaba que venir aquí era pérdida de tiempo, ya se imaginara usted que trabajar y venir a las reuniones no era algo que a mí me llamara la atención, pero cuando vine, después de muchas invitaciones, me divertí mucho, sentí como si estaba compartiendo en familia y en grupo de amigos cosas muy íntimas e importantes. Ahora sé que cuando nos toca reuniones voy a informarme de algo importante y al mismo tiempo me voy a divertir, porque siempre hay dinámicas y otras formas que nos motivan a aprender y recrearnos” (Comunidad Las chinas).

Mulleres e homes de El Viejo reflexionan e avalían os procesos formativos nos que participaron no ámbito da saúde sexual e a saúde reprodutiva

Mulleres e homes de El Viejo reflexionan e avalían os procesos formativos nos que participaron no ámbito da saúde sexual e a saúde reprodutiva