Mantense activo o Observatorio de Violencia Baseada en Xénero en El Viejo, Nicaragua

Mantense activo o Observatorio de Violencia Baseada en Xénero en El Viejo, Nicaragua

As accións realizadas dentro do Observatorio da Violencia Baseada en Xénero,  xestionado por APADEIM no marco do proxecto “Prevención de la Violencia de Género y mejora de la Salud Sexual y Reproductiva de las mujeres en 10 comunidades de El Viejo, Chinandega (Nicaragua) Fase 2” cofinanciado pola Xunta de Galicia e executado por APADEIM e Fundación Mujeres, inclúen o rexistro e análise da información recollida por diferentes vías, así como o seguimento ás situacións de violencia que ocorren a nivel local  e  nacional.

De acordo cos datos recollidos dos medios de comunicación a nivel nacional e facilitados por Católicas polo Dereito a Decidir, nos primeiros tres meses do ano 2017 ocorreron 12 femicidios, dos cales dous agresores están prófugos da xustiza, soamente dous recibiron sentencia condenatoria (nos departamentos de Chinandega e Matagalpa) e os 8 restantes están enfrontando procesos. O 99% tiña relación ca vítima.

As idades das vítimas van desde os 19 a 50 años. Só en un dos casos se descoñece a idade. O 50% dos femicidios ocorreu en lugares públicos (gasolineira, parada de buses, balneario, etc.).  Mentres que a outra metade dos femicidios ocorreron no domicilio da vítima.

A esta cifra súmanse 15 feminicidios en grado de tentativa.

En 2016, polo menos 49 mulleres foron vítimas de feminicidio, catro menos que o año anterior, segundo as organizacións feministas de Nicaragua. Magaly Quintana, coordinadora de Católicas polo Dereito a Decidir, cree que para o 2017 as perspectivas sobre a violencia machista no país “non son esperanzadoras, porque falta máis visibilizacion do problema por parte das institucións correspondentes, xa sexa a Policía ou o Ministerio Público”. Segundo Quintana “os niveis de impunidade vanse manter, por iso as organizacións feministas nos corresponderá seguir demandando os nosos dereitos, mentras que o Goberno deberá tomar medidas públicas más eficientes”.

A nivel comunitario, no período de xaneiro a marzo, APADEIM rexistrou 11 casos de violencia de xénero, reportados polas referentes das comunidades do municipio de El Viejo – Chinandega, a través do SAT (Sistema de Alerta Temprana).

As organizacións de Mulleres de Nicaragua están alzando as súas voces para esixir belixerancia, e acceso á xustiza, de parte das autoridades para a aplicación da Ley Integral contra a violencia cara as Mulleres e a aplicación das medidas precautelares “non cerren as portas, cumpran cas súas funcións e asuman a súa responsabilidade”.

Mantense activo o Observatorio de Violencia Baseada en Xénero en El Viejo, Nicaragua

Mantense activo o Observatorio de Violencia Baseada en Xénero en El Viejo, Nicaragua