Las Mélidas reciben o apoio técnico da nova técnica expatriada de Fundación Mujeres en El Salvador

Las Mélidas reciben o apoio técnico da nova técnica expatriada de Fundación Mujeres en El Salvador

A mediados do mes de abril Las Mélidas deron a benvida a Raquel Álvarez Fernández, experta en xénero e cooperación, que forma parte do equipo técnico de Fundación Mujeres e será quen brinde acompañamento e apoio na implementación da segunda anualidade do proxecto «Mulleres salvadoreñas avanzando cara ao cumprimento dos dereitos sexuais e reprodutivos e dunha libre de violencia«, financiado pola Xunta de Galicia.

A expatriada manterá contacto permanente coa responsable do proxecto en Galicia para asegurar unha eficiente execución do mesmo, á vez que dará un seguimento continuo das accións en terreo. Entre as súas responsabilidades no apoio directo á execución do proxecto destacan a articulación con axentes locais clave, o acompañamento nas accións de incidencia e o fortalecemento institucional á socia local en temas de xestión de proxectos, entre outras.

«Cando recibimos este tipo de apoio, é unha ganancia para ambas as partes.  Neste caso ela suma coñecementos e experiencia e a nosa institución achega a proximidade coas mulleres, poder ver a realidade á que se enfrontan moitas delas e que grazas aos coñecementos adquiridos van superando día a día», comenta Angélica Gutiérrez, coordinadora do proxecto en El Salvador.

Ademais de Raquel, tamén se recibiron na sede de Las Mélidas a dous mozas Cooperantes da AEXCID. Isto contribuirá a fomentar as sinerxías entre os distintos proxectos que se executan  con Fundación Mujeres.

Las Mélidas reciben o apoio técnico da nova técnica expatriada de Fundación Mujeres en El Salvador

Las Mélidas reciben o apoio técnico da nova técnica expatriada de Fundación Mujeres en El Salvador