Las Mélidas realizarán unha campaña participativa para a promoción dos dereitos sexuais e reprodutivos

Las Mélidas realizarán unha campaña participativa para a promoción dos dereitos sexuais e reprodutivos

Como parte das actividades do proxecto «Mulleres salvadoreñas avanzando cara ao cumprimento dos dereitos sexuais e reprodutivos e dunha libre de violencia«, executado por Las Mélidas en coordinación con Fundación Mujeres e o apoio financeiro da Xunta de Galicia, realizaranse talleres con mulleres e homes, que participasen previamente nas accións que executan Las Mélidas en todas as súas zonas de traballo, para deseñar e crear conxuntamente a nova campaña de sensibilización sobre dereitos sexuais e reprodutivos.

O obxectivo da campaña é, por unha banda, sensibilizar e promocionar os dereitos sexuais e reprodutivos entre a poboación salvadoreña. Por outra, incluíndo ás mulleres e homes das comunidades na súa elaboración, tamén se pretende que desenvolvan habilidades para o deseño e execución de campañas de incidencia, utilizando as técnicas adecuadas e os recursos dispoñibles nas súas contornas.

A importancia desta metodoloxía é que toma en conta o punto de vista da poboación obxectivo e permítelles ser parte activa, creando mensaxes acorde ás súas necesidades na temática a tratar.

Os talleres para a elaboración da campaña están previstos para iniciar no mes de maio coa participación de, aproximadamente, 20 mulleres e 10 homes.