Las Mélidas lanzan unha campaña para promover o respecto e a non violencia contra as mulleres en El salvador

Las Mélidas lanzan unha campaña para promover o respecto e a non violencia contra as mulleres en El salvador

No marco da conmemoración do Día internacional contra a violencia de xénero e como parte das acciónsdo proxecto “Mulleres salvadoreñas avanzando cara ao cumprimento dos dereitos sexuais e reprodutivos e dunha libre de violencia” executado por Las Mélidas en coordinación con Fundación Mujeres e o apoio financeiro da Xunta de Galicia, elaborouse unha campaña para que os homes novos, que están a participar nas formacións, promovan unha vida libre de violencia para as mulleres a través da publicación de diversas mensaxes en redes sociais que eles mesmo construíron, tales como:

As Mulleres non son obxectos sexuais.

•Os homes e as mulleres temos os mesmos dereitos.

•Sumémonos á prevención da violencia de xénero.

•Cero violencia contra das mulleres.

•Non violentes ás mulleres, respéctaas.

•Non máis feminicidios.

•Coidar de fillos e fillas tamén é de homes.

•O teu estilo non define e sexualidade.

•As mullerese os homes merecen respecto.

•Ser mullereiro non faiche máis home.

Con esta campaña preténdese sensibilizar á poboación sobre a importancia de mostrar tolerancia cero ante a violencia cara ás mulleres, visibilizar algúns tipos de violencia contra as mulleres que son máis frecuentes e promover que outros mozos actúen de maneira respectuosa cara ás mulleres.