Lanzamiento oficial da campaña de sensibilización para unha vida libre de violencia contra as mulleres en El Salvador

Lanzamiento oficial da campaña de sensibilización para unha vida libre de violencia contra as mulleres en El Salvador

No marco das accións previstas no proxecto “Mulleres salvadoreñas avanzando cara ao cumprimento dos dereitos sexuais e reprodutivos e dunha vida libre de violencia”, executado por Las Mélidas en coordinación con Fundación Mujeres e o apoio financiero da Xunta de Galicia, contemplábase a elaboración e posta en marcha dunha campaña de sensibilización, a nivel nacional e territorial, para a promoción dos dereitos sexuales e reprodutivos das mulleres.

O obxectivo da devandita campaña é dar a coñecer, ante os medios de comunicación e a poboación en xeral, as accións que se realizarán nos próximos meses para sensibilizar a poboación salvadoreña en favor da non violencia contra as mulleres. Será divulgada en cuñas de radio a nivel nacional, traseiras de buses e nas redes sociais Facebook e Twitter de Las Mélidas, así como nos distintos espazos nos que Las Mélidas desenvolven o seu traballo.

Ao redor de 30 mulleres novas e adultas contribuíron na xeración de contidos para incidir na promoción dos dereitos sexuais e reprodutivos e na contralaría ciudadana como ferramenta para garantir os dereitos das mulleres; todo co fin de prevenir la violencia contra as mulleres.

O slogan da campaña “Isto é o que quero” contará cos hashtags relativos á mesma: #EstoEsLoQueQuiero, #ToleranciaCero #LasMélidas que se utilizarán en todas as redes sociais dispoñibles da institución. Tamén se fará seguimento e réplica desde as redes de Fundación Mujeres.

A campaña será dirigida á poboación en xeral, principalmente nos departamentos onde Las Mélidas teñen traballo a nivel territorial: Ahuachapán, Sonsonate, Santa Ana, San Salvador, Cuscatlán, La Paz e San Vicente, tendo a posibilidade de chegar a máis de 3 millóns de persoas.

Azucena Ortiz, directora executiva das Mélidas, afirmou na presentación da campaña que “se seguen sucedendo casos de feminicidios, violacións, trata, violencia laboral, criminalización, entre outras agresións en contra das mulleres, polo que urxe contribuir, con información veraz e integral, ao empoderamiento das mulleres, e é o que se pretende facer con esta campaña”.

Lanzamiento oficial da campaña de sensibilización para unha vida libre de violencia contra as mulleres en El Salvador

Lanzamiento oficial da campaña de sensibilización para unha vida libre de violencia contra as mulleres en El Salvador