Incidencia cidadá en demanda dunha mellor atención das mulleres en situación da Violencia Baseada en Xénero en El Viejo, Nicaragua

Incidencia cidadá en demanda dunha mellor atención das mulleres en situación da Violencia Baseada en Xénero en El Viejo, Nicaragua

No marco do proxecto “Prevención de la Violencia de Género y mejora de la Salud Sexual y Repro­ductiva de las mujeres en 10 comunidades de El Viejo, Chinandega (Nicaragua) Fase 2” cofinanciado pola Xunta de Galicia e executado por APADEIM e Fundación Mujeres, estívose traballando no deseño e implementación dunha estratexia de incidencia cidadá ante as institucións en demanda dunha mellor atención, respecto ao acceso á xustiza,  para as mulleres que viven situacións de violencia baseada en xénero.

As mulleres afrontan con maior vulnerabilidade ante a violencia baseada en xénero cando, ao acudir ás institucións para acceder á xustiza ante situacións de violencia, encontran constantes dificultades, entre as que mencionan: a revitimización, os comentarios culpabilízantes, a promoción das mediacións, o que non lles permitan estar acompañadas polas organizacións de mulleres cando interpoñen a denuncia, e non recibir a orientación e apoio necesario por parte dos funcionarios e as funcionarias.

A Estratexia de Incidencia en cuestión pretende abrir espazos para poder ir facendo os cambios tan necesarios en plans, programas e políticas estatais. Esta estratexia conleva un proceso de formación previo no que mulleres e homes poidan identificar e denunciar as situacións de violencia nas súas comunidades, así como organizarse e participar activamente nas acción do Observatorio da Violencia Baseada en Xénero. Tamén se contemplan accións como a divulgación dos dereitos das mulleres e o contido da Lei 779 – Lei Integral contra a Violencia cara as Mulleres, así como o acompañamento ás vítimas no proceso de denuncia, a mobilización comunitaria e la denuncia nos medios de comunicación. Ademais, ao ir  desenvolvendo accións de incidencia, amplíase a capacidade de intervención da poboación para alcanzar os niveis onde se toman decisións.