Grupos focais de seguimento e reforzo formativo coas mulleres de El Viejo

Grupos focais de seguimento e reforzo formativo coas mulleres de El Viejo

No marco do proxecto “Prevención de la Violencia de Genero y Mejora de la Salud Sexual y Reproductiva de las mujeres en 10 comunidades de El Viejo, Chinandega, (Nicaragua) Fase II” cofinanciado pola Xunta de Galicia e executado por APADEIM e Fundación Mujeres, realizáronse, a principios de decembro, os grupos focais previstos de seguimento e reforzo formativo, así como para avaliar os avances obtidos na execución do proxecto neste primeiro ano. Participaron un total de 66 mulleres das diferentes comunidades.

O grupo desenvolveuse de forma dinámica, fomentouse a participación das mulleres a través dun exercicio de preguntas sobre os contidos abordados nos talleres, para ver o grao de coñecementos adquiridos. A resposta das mulleres foi positiva na maioría dos temas abordados e tamén se aproveitou a ocasión para reforzar coñecementos nas áreas onde aínda se expresaban dúbidas.

Por outra banda, tamén se fixo avaliación sobre a atención médico xinecolóxica recibida. As mulleres mostraron a súa satisfacción coa posibilidade de acceder a recoñecementos xinecolóxicos, comentando que grazas ao proxecto perderon o medo a realizarse a citología cervical, que sentían mal de saúde e que non sabían as enfermidades que tiñan ata que puideron ser atendidas na clínica das Xochilt Acalt e que ademais recibiron o beneficio de recibir os tratamentos médicos e procedementos cirúrxicos necesarios. A este respecto solicitan poder incluír a outras mulleres das comunidades que están a necesitar tanto das capacitacións como da atención xinecolóxica.

Grupos focais de seguimento e reforzo formativo coas mulleres de El Viejo

Grupos focais de seguimento e reforzo formativo coas mulleres de El Viejo