Finaliza proceso de formación con axentes da PNC en El Salvador

Finaliza proceso de formación con axentes da PNC en El Salvador

O pasado mércores, 13 de decembro de 2017, realizouse a clausúra do proceso de capacitación en dereitos e procedementos no que participaron mulleres e homes con cargos de xefaturas na Policía Nacional Civil (PNC) de Sonsonate.

O obxectivo desta formación foi contribuír á sensibilización do persoal participante para lograr unha atención integral e digna para as mulleres que buscan apoio na institución cando son vítimas de violencia.

Os temas desenvolvidos neste proceso formativo están relacionados con visibilizar as diferenzas existentes entre mulleres e homes e como a cultura machista e patriarcal infravalora ás mulleres. Ao longo do taller tamén se desenvolveu un módulo para dar a coñecer a Lei Especial Integral para unha Vida Libre de Violencia para as Mulleres (LEIV), decara a que se faga un uso adecuado deste instrumento á hora de intervir desde a PNC.

Durante a clausúra, o xefe departamental da PNC de Sonsonate, Juan Bautista, recoñeceu o esforzo de Las Mélidas, tanto no desenvolvemento deste proceso, como nas achegas realizadas para a creación da LEIV. Ademais, mostrou tamén o seu agradecemento por este proceso de sensibilización que recibiron, que, sen dúbida, contribuirá a mellorar a atención que ofrecen nos diferentes departamentos policiais. Así mesmo, destacou o interese do persoal que participou nos talleres, esperando que se poida dar continuidade á formación, especialmente na profundización da garantía e respecto do dereito das mulleres a vivir unha vida libre de violencia.

Pola súa banda Delia Cornejo, representante das Mélidas, instou a que se continúe coa formación do persoal á vez que resaltou a importancia de tomarse o espazo para o proceso, felicitando o avance significativo que ten a Policía Nacional Civil en canto ás competencias que se recolle na LEIV.

A actividade concluíu coa entrega de diplomas aos e as profesionais participantes.

Este proceso está enmarcado dentro das accións do proxecto «Contribuíndo ao empoderamiento das mulleres nos dereitos sexuais e reprodutivos e dunha vida libre de violencia no occidente do Salvador» executado por Las Mélidas, en coordinación con Fundación Mujeres e o apoio financeiro da Xunta de Galicia.

Finaliza proceso de formación con axentes da PNC en El Salvador

Finaliza proceso de formación con axentes da PNC en El Salvador