Finaliza o proxecto sobre dereitos sexuais e reprodutivos e prevención da violencia en El Salvador

Finaliza o proxecto sobre dereitos sexuais e reprodutivos e prevención da violencia en El Salvador

O proxecto “Mulleres salvadoreñas avanzando cara ao cumprimento dos dereitos sexuais e reprodutivos e dunha libre de violencia” executado por Las Mélidas en coordinación con Fundación Mujeres e o apoio financeiro da Xunta de Galicia, finalizou o seu eixocución a principios do mes de novembro fortalecendo capacidades de mulleres e homes, así como á Rede de Mulleres a nivel municipal e nacional. Durante a intervención tamén se apoiaron accións de incidencia e xerado espazos de articulación feminista.

O proxecto executouse, durante dous anos, con población dos departamentos de Ahuachapán, Sonsonate, Santa Ana, San Salvador, La Paz e San Vicente. Ao longo deste tempo brindáronse diferentes procesos de formación en xénero, dereitos sexuais e reproductivos (DDSSyRR) e prevención de violencia, entre outras temáticas. Ademais, impulsáronse accións de sensibilización e de incidencia política, como a participación en marchas, participación en medios de comunicación, campañas en redes sociais, etc.

Así mesmo, entre os homes novos participantes no proxecto fomentouse unha nova forma de relacionarse así como o respecto aos dereitos das mulleres.

Esta execución deixou consolidada a Rede Nacional de Asociacións de Mulleres Colato-Aparicio constituída por 20 asociaciones e colectivas de mulleres, adultas e novas, cunha axenda definida de traballo en favor da promoción e defensa dos dereitos das mulleres en todos os ámbitos da súa vida.

Ademais, tamén deixa como resultado o fortalecemento dun espazo de coordinación e de xeración de sinerxías con outras organizacións de mulleres, coñecido como a Resistencia Feminista, quenes elaboraron unha axenda de incidencia política exclusiva con énfase nos dereitos sexuais e reprodutivos.

Moitos foron as aprendizaxes na execución do proxecto que quedan como fortalezas para que a sociedade salvadoreña continúe avanzando cara ao cumprimento dos Dereitos Sexuais e Reprodutivos e dunha vida libre de violencia contra as mulleres.

Finaliza o proxecto sobre dereitos sexuais e reprodutivos e prevención da violencia en El Salvador

Finaliza o proxecto sobre dereitos sexuais e reprodutivos e prevención da violencia en El Salvador