Rematan os obradoiros do SAIC Rural en Cambre

Rematan os obradoiros do SAIC Rural en Cambre

Durante o transcurso dos obradoiros, desenvolvidos en 2018 pola Fundación Mujeres, no marco do proxecto Servizo de Apoio Integral a Coidadoras no Medio Rural cofinanciado pola Deputación da Coruña, abordamos diferentes temáticas co obxectivo de mellorar a saúde psicolóxica, emocional e social das mulleres coidadoras do ámbito rural na provincia da Coruña.

Coas mulleres participantes do concello de Cambre os temas que tratamos, ao longo dos dous meses que durou a intervención, foron a xestión do tempo, identidade e proxecto vital, xestión emocional, corresponsabilidade familiar e relacións afectivas.

Segundo as opinións persoais das usuarias sobre estes obradoiros, destacaron que este tipo de xuntanzas axudáronlles a mellorar o seu estado de ánimo ademais de tomar conciencia sobre a importancia de dedicarse tempo a elas mesmas. Neste sentido, outra das melloras que fixeron foi que, grazas a asistir a estes obradoiros, adquiriron novas técnicas para facerlles fronte a determinadas situacións das súas vidas cotiás. Tamén fixeron fincapé en que se teñen que querer máis a si mesmas coidándose e mimándose moito máis. Por outra banda, sentiron que houbo moita comprensión e entendemento por parte do grupo á hora de compartir experiencias de carácter persoal.

Rematan os obradoiros do SAIC Rural en Cambre

Rematan os obradoiros do SAIC Rural en Cambre