Encontros intercomunitarios no Municipio de El Viejo, Chinandega (Nicaragua)

Encontros intercomunitarios no Municipio de El Viejo, Chinandega (Nicaragua)

Como parte das accións formativas realizadas no marco do proxecto  “Prevención de la Violencia de Género y mejora en la Salud Sexual y Reproductiva de las mujeres en 10 comunidades de El Viejo – Chinandega (Nicaragua) Fase 2” cofinanciado por la Xunta de Galicia y ejecutado por APADEIM y Fundación Mujeres, realizáronse é este mes de maio os encontros intercomunitarios previstos. Realizáronse dous, un con mulleres e outro con homes. O encontro cos homes do grupo meta, baixo o título «Homes e a Saúde Sexual e Reprodutiva», centrouse en reflexionar sobre os roles masculinos e a importancia de implementar accións de coidado e autocuidado da súa saúde sexual e reprodutiva, así como o respecto dos dereitos das mulleres a decidir sobre a súa vida e o seu corpo.

Así mesmo, coas mulleres realizouse outro encontro que levaba por título «A miña vida, a miña saúde, os meus dereitos», co obxectivo de motivalas para que identifiquen factores de risco que deter¬minan o seu acceso á saúde sexual e reprodutiva e o cam¬bio necesario de comportamentos, contando coa información precisa, para romper cos mitos e pre¬jui¬cios que existen respecto da sexualidade, transmisión de ITS e VIH sida.

Entre os aspectos abordados en ambos os encontros en relación ao exercicio da súa saúde sexual e reprodutiva, durante o intercambio de ideas, aproveitouse para reflexionar sobre o «Día Internacional de Acción pola Saúde da Muller» que se conmemora cada 28 de maio, así como sobre o decreto emitido polas mulleres integrantes da Rede Mundial de Mujeres polos Dereitos Sexuais Reprodutivos no ano de 1987 en Costa Rica. Dita conmemoración ten como eixo directriz reafirmar o dereito universal e óptimo ao acceso á saúde en xeral e de carácter específico á saúde sexual e reprodutiva.

As reflexións realizadas por parte de mulleres e homes serviron como punto de debate e análise durante os respectivos encontros.

Durante o desenvolvemento das actividades nos encontros, as mulleres e os homes manifestaron o seu dereito ao acceso á saúde e a unha atención digna e eficaz para protexer as súas vidas. En palabras dunha das mulleres participantes do encontro: «É importante coñecer os nosos dereitos e saber que como mulleres debemos coidarnos porque cando descoidamos a nosa saúde, descoidamos as nosas vidas, é necesario protexernos como mulleres que somos; ninguén mellor que nós para coidarnos» (Muller participante do Encontro Intercomunitario, maio 2017).

Durante os encontros intercomunitarios con homes as reflexións foron dirixidas principalmente cara ás oportunidades e limitacións que eles adoitan manifestar á hora de falar do seu coidado e o coidado dirixido á saúde das mulleres, tal e como recollen algunhas das propias opinións dos participantes: «Moitos homes cremos que as nosas accións non van afectar a ninguén o día de mañá, vivimos pensando que podemos facer o que queiramos, actuamos de forma egoísta, pero debemos analizar as cousas e entender que a quen máis podemos afectar é a quen, segundo nos mesmos, prometemos coidar?. (Home participante do Encontro Intercomunitario, maio 2017).

Atender á corresponsabilidade no fogar, planificación familiar e respecto á integridade sexual da parella son aspectos craves na contribución ás relacións sas e afectivas entre homes e mulleres no exercicio dunha sexualidade responsable, sen riscos e sen repercusións negativas para o seu benestar integral.

Encontros intercomunitarios no Municipio de El Viejo, Chinandega (Nicaragua)

Encontros intercomunitarios no Municipio de El Viejo, Chinandega (Nicaragua)