Conversamos coas mulleres das comunidades de El Viejo sobre os casos de violencia rexistrados durante o primeiro semestre de 2017

Conversamos coas mulleres das comunidades de El Viejo sobre os casos de violencia rexistrados durante o primeiro semestre de 2017

No marco das actividades desenvolvidas dentro do proxecto “Prevención de la Violencia de Género y mejora de la Salud Sexual y Reproductiva de las mujeres en 10 comunidades de El Viejo, Chinandega (Nicaragua) Fase II”, cofinanciado pola Xunta de Galicia e executado por APADEIM e Fundación Mujeres, están a desenvolverse mensualmente a apertura de espazos comunitarios para que as mulleres reflexionen e expresen as súas opinións e medos sobre as situacións de violencia que viven nas súas comunidades, así como a análise conxunta de de o rexistro mensual ao que elas están a contribuír de forma sistemática.

Durante a reunión, as mulleres reflexionaron sobre a demanda para facer cumprir a Lei 779 e a súa preocupación por que as autoridades cada día están máis indiferentes ante o contexto da violencia que se vive en Nicaragua.

A violencia contra a muller (incluídos os femicidios) é un dos temas de maior preocupación na sociedade nicaraguana, polo que as mulleres organizadas nas comunidades continúan preocupadas e demandaron en reiteradas ocasións o cumprimento efectivo da Lei 779, Lei integral contra a violencia cara ás mulleres, a mesma que foi reformada cunha emenda que permite a mediación entre o agresor e a súa vítima.

Ao longo da reunión logrouse abordar a problemática e informar as mulleres. Ademais, estas lograron expor as súas preocupacións sobre os últimos casos rexistrados polos diarios, así como polos casos que se deron nas súas comunidades, tal e como se reflicte nos comentarios e reflexións que as mulleres compartiron en plenario:

 “No hemos recibido una atención de calidad en esos lugares, supuestamente encargados de atender” “Tenemos que exigir nuestros derechos”

“Es urgente que se active el observatorio municipal y solo podemos presionar si continuamos reportando los casos reales”

“Tenemos mucha preocupación también por la violencia en las niñas y adolescentes, hay hombres adultos que están llevándose a las adolescentes, estableciendo relaciones de pareja con ellas aun sabiendo que es un delito”

“Soy Mujer enlace, y en este mes yo misma sufrí agresión física, psicológica y sexual de parte de mi pareja, siento miedo de denunciarlo porque me fui de la casa, el me corrió, pero me ha estado mandando mensajes, diciendo que si va preso seria por algo que realmente valga la pena, para mi esa es una amenaza de muerte, …Además no es la primera vez que acompaño a mujeres a poner denuncia y la policía nunca hace nada, hay veces siento que nos exponemos más y quedamos en mayor amenaza si denunciamos porque las autoridades no toman ninguna medida”

GRAZAS MULLERES POLA SÚA GRAN LABOR E COMPROMISO COS DEREITOS DOUTRAS COMPAÑEIRAS!

Conversamos coas mulleres das comunidades de El Viejo sobre os casos de violencia rexistrados durante o primeiro semestre de 2017

Conversamos coas mulleres das comunidades de El Viejo sobre os casos de violencia rexistrados durante o primeiro semestre de 2017