Continúan as consellerías en Saúde Sexual e Reprodutiva e atencións médico – xinecolóxicas ás mulleres das comunidades de El Viejo

Continúan as consellerías en Saúde Sexual e Reprodutiva e atencións médico – xinecolóxicas ás mulleres das comunidades de El Viejo

No marco do proxecto “Prevención da Violencia de Xénero e mellora da Saúde Sexual e Reprodutiva das mulleres en 10 comunidades de El Viejo, Chinandega (Nicaragua) Fase 2”, cofinanciado pola Xunta de Galicia e executado por APADEIM e Fundación Mujeres, comezouse a coordinar e planificar datas para realizar os seguimentos médicos correspondentes a aquelas mulleres que recibiron atención xinecolóxica no ano 2016.

O obxectivo desta actividade é que ás mulleres as que se lle diagnosticou nos exames de PAP, colposcopia, biopsia ou mamografía, algún tipo de patoloxía como pode ser atrofia, atipia ou virus de papiloma humano, se lles dea seguimento médico e, de ser preciso, realizar a intervención cirúrxica necesaria. Isto facilitará que as mulleres teñan acceso a exames especializados para garantir un diagnóstico máis acertado nas lesiones precursoras do pescozo de útero e de mama, así como, para a identificación de outras posibles patoloxías.

As parellas das mulleres que tralos exames especializados saian con infeccións de transmisión sexual, VPH, tamén recibirán atención médica especializada, así como se lles realizarán penescopia e outras probas que se consideren oportunas. Este proceso está orientado a promover unha participación máis efectiva dos homes nos procesos orientados a mellorar a Saúde Sexual e Reprodutiva e a das súas parellas.

Ademais, comprobouse que, nalgúns casos, para que as intervencións coas mulleres sexan efectivas e non haxa recaídas, as súas parellas han de recibir tamén tratamento, así como é necesario o asesoramento, tanto a homes e mulleres, para mellorar as súas capacidades de recoñecemento dos síntomas das ITS. A nivel de parella promoverase que o home, ao igual que a muller, debe informarse e ter acceso a educación sexual e prestación de servicios, para que poidan exercer as súas responsabilidades individuais dentro da familia.