Comeza o taller de masculinidades alternativas cun grupo de mozos do occidente de El Salvador

Comeza o taller de masculinidades alternativas cun grupo de mozos do occidente de El Salvador

Dentro das actividades realizadas no marco do proxecto «Contribuíndo ao empoderamiento das mulleres nos dereitos sexuais e reprodutivos e dunha vida libre de violencia no occidente do Salvador«, executado por Las Mélidas en coordinación con Fundación Mujeres e o apoio financeiro da Xunta de Galicia, púxose en marcha, no mes de novembro, un proceso formativo sobre xénero e masculinidades.

Os participantes son homes novos entre os 12 e 22 anos de idade,   provenientes de Santa Ana e Sonsonate. Este proceso pretende guiar aos mozos participantes por un percorrido baseado na construción social e cultural das masculinidades tradicionais, desde a metodoloxía lúdica-participativa-reflexiva, co enfoque de educación popular e aprender facendo, desaprender-vivindo, pasando por recoñecer as emocións como pontes necesarias para asumir a vida responsablemente.

Outras das temáticas nas que os homes non adoitan afondar na súa vida son o fortalecemento do autocuidado, a saúde sexual e reprodutiva, a paternidade responsable e na construción dunha masculinidad alternativa. Por iso estes temas son claves no proceso de formación iniciado, que terá unha duración de cinco meses e levarase a cabo en xornadas mensuais dun día e medio.

O obxectivo deste proceso é contribuír a desenvolver nos mozos unha nova forma de entender a masculinidad que asuma responsabilidades, que se comprometa con unificar as brechas que historicamente dividiron a homes e mulleres e que, desde o seu comportamento, garanta unha vida libre de violencia para as mulleres.

O taller comezou con moita forza e apertura por parte dos participantes, quenes validaron a metodoloxía e non mostraron rexeitamento ás temáticas relacionadas coa construción social do ser home novo no Salvador.

Un dos principais logros é a confianza xerada no grupo, a maioría compartiu expectativas baseadas no querer aprender, profundar máis no enfoque de xénero e asumir compromisos na vida persoal, familiar e comunitaria.

A principal expectativa é pechar o proceso con homes novos máis sensibles á violencia, promotores de cultura de paz e masculinidades alternativas.

Comeza o taller de masculinidades alternativas cun grupo de mozos do occidente de El Salvador

Comeza o taller de masculinidades alternativas cun grupo de mozos do occidente de El Salvador