Axentes da PNC fórmanse para impartir taller a mozos e mozas en El Salvador

Axentes da PNC fórmanse para impartir taller a mozos e mozas en El Salvador

Las Mélidas realizaron dúas xornadas co persoal da PNC de Santa Ana e Sonsonate,  onde se abordaron conceptos como o sexismo e os estereotipos, a violencia cara ás mulleres así como os dereitos sexuais e reprodutivos. Esta capacitación enmárcase dentro das accións formativas do proxecto “Contribuíndo ao empoderamiento das mulleres nos dereitos sexuais e reprodutivos e dunha vida libre de violencia no occidente do Salvador”, executado por Las Mélidas en coordinación con Fundación Mujeres e o apoio financeiro da Xunta de Galicia.

A través deste taller fortaleceron os seus coñecementos sobre igualdade e equidade de xénero, posto que xa participaran anteriormente en procesos de sensibilización. Durante a formación mantiveron unha actitude aberta, respectuosa e comprometida pola loita feminista.

Para entrar en materia, as facilitadoras realizaron unha dinámica na que elas asumían o papel dos policías e estes asumiron o rol das e os adolescentes, co obxectivo de empatizar e reflexionar sobre as dúbidas que poden xurdir respecto ao enfoque de xénero e as súas vivencias como estudantes.

Posteriormente, abriuse un debate no que cada un das persoas participantes deu as súas opinións respecto da xornada, onde puideron exteriorizar as inquietudes que aínda tiñan sobre as temáticas abordadas.

Nese sentido, chegouse ao acordo de cales son o tres enfoques transversais que se deben incorporar en calquera facilitación independentemente do tema a desenvolverse: enfoque de xénero, enfoque de diversidade sexual e enfoque de linguaxe inclusivo ou non sexista.

As xornadas desenvolvéronse sen maior incidencia e ao final proporcionóuselles un material de apoio ao que poder recorrer para liquidar algunha dúbida que lles poida xurdir de face ás próximas xornadas de intervención en centros escolares de Sonsonate e Santa Ana, onde serán elas e eles quen faciliten as formacións.

Axentes da PNC fórmanse para impartir taller a mozos e mozas en El Salvador

Axentes da PNC fórmanse para impartir taller a mozos e mozas en El Salvador