As mulleres de El Viejo comparten coñecementos e experiencias nos grupos focales comunitarios

As mulleres de El Viejo comparten coñecementos e experiencias nos grupos focales comunitarios

No marco do proxecto «Prevención da Violencia de Xénero e mellora da Saúde Sexual e Reprodutiva das mulleres en 10 comunidades de El Viejo, Chinandega (Nicaragua) Fase 2«, cofinanciado pola Xunta de Galicia e executado por APADEIM e Fundación Mujeres, están a desenvolverse grupos focales de reforzamento ás mulleres das 10 comunidades meta do proxecto, para traballar o tema da sexualidade feminina e a saúde sexual e reprodutiva. As mulleres participantes teñen idades comprendidas entre os 28 e os 65 anos.

O tema da sexualidade colleu por sorpresa ás mulleres porque é un tema do que falan pouco, xa que a cultura patriarcal baixo o que foron educadas inculcoulles que a súa sexualidade ten unha única función, a reprodución, sen a posibilidade de que vivan unha sexualidade libre e sen prexuízos.

Lanzáronse unha serie de preguntas ao grupo para a súa reflexión, que é a sexualidade? Teñen as mulleres e os homes dereito a vivir unha sexualidade plena sen prexuízos, mitos, crenzas? Isto deu pé a debater sobre se a sexualidade feminina, do mesmo xeito que a masculina, é unha construción cultural e por tanto, pode ser transformada. As mulleres mostran moita vergoña ao falar deste tema, rin moito, esconden a cara, outras se pon serias pero non se van das sesións. A percepción da facilitadora é que viven emocións atopadas, ven como un perigo falar do tema e ao mesmo tempo móstranse moi interesadas en coñecer a opinión das outras mulleres ou da facilitadora. As mulleres máis novas son as que falan máis abertamente e expoñen, como un dereito, o gozar do pracer, cunha visión máis ampla, máis aló de relacións sexuais na parella.

É un tema que suscitou moito interese e que é importante seguir traballando porque, en xeral, as mulleres están a vivir a sexualidade moi limitada ás relacións de parella e as súas expresións redúcense a ser obxecto sexual dos homes: “cuando él me ocupa, no le importa nada que siento, lo hace y ya, ya después de todo, a mí no me importa, eso ya no me interesa” (muller de 28 anos).

Ao falar da sexualidade feminina percíbese que elas teñen moitos prexuízos, así como crenzas que fai que xustifiquen os comportamentos dos homes, inclusive a violencia sexual que algunhas viven. Aínda que, no fondo, saben que non está ben, xustifícano coas argumentacións que o sistema patriarcal insignia ás mulleres e aos homes para naturalizar e normalizar estes comportamentos.

No tres grupos focales que se fixeron ata o momento, as mulleres novas principalmente teñen unha visión máis ampla da sexualidade e falan sen tantos prexuízos sobre o pracer e as distintas formas en que se expresa, expono como un dereito humano e consideran que se debe de vivir en igualdade entre homes e mulleres.

As mulleres adultas teñen máis temor de falar da sexualidade ou non lles gusta falar dela, dálles vergoña e cren que son as novas necesítanas falar do tema, comentan que elas xa non o necesitan pola súa idade, porque xa non teñen parella ou as súas parellas tamén están maiores como elas. Cren que son as mozas quen teñen que obter este coñecemento “para que nos les pase como a nosotras o no cometan los mismos errores”.

As mulleres de El Viejo comparten coñecementos e experiencias nos grupos focales comunitarios

As mulleres de El Viejo comparten coñecementos e experiencias nos grupos focales comunitarios