
Distribución de preservativos e lubricantes ás mulleres das comunidades de El Viejo para a prevención de embarazos non desexados e ITS – VIH.
No mes de xullo iniciouse a distribución de preservativos e lubricantes ás mulleres do grupo meta nas distintas comunidades de El Viejo. Esta acción enmárcase dentro das actividades formativas do proxecto cofinanciado pola Xunta de Galicia de cara a favorecer a prevención e o coidado da sua saúde sexual e reprodutiva.







