Presentación do novo proxecto de cooperación da Fundación Mujeres ante as autoridades e a poboación meta en Ambato (Ecuador)
A mediados de agosto levaron a cabo dous eventos para dar a coñecer o novo proxecto executado por Fundación Mujeres en colaboración coa Fundación Humana Pueblo a Pueblo e o apoio financeiro da Xunta de Galicia, un deles destinado ás autoridades e organizacións locais e o outro para a poboación das comunidades obxecto de intervención. Entre un e outro se contou cunha participación aproximada de 300 persoas, entre elas responsables dos medios de comunicación locais que tamén acudiron a cubrir o evento.