XXIV Curso de Creación de Empresa na Coruña

XXIV Curso de Creación de Empresa na Coruña

No mes de marzo pomos en marcha unha nova edición do Curso de Creación de Empresa na Delegación de Galicia, dirixido a emprendedoras cunha idea de negocio e a empresarias interesadas en reformular o seu proxecto.

Esta formación está dirixida a:

  • Emprendedoras que desexan analizar a viabilidade do proxecto antes da súa posta en marcha.
  • Empresarias que queren estudar a viabilidade do seu negocio co obxectivo de melloralo e consolidalo.

A formación ten carácter gratuíto, xa que está financiada polo Fondo Social Europeo – Programa Operativo de Inclusión Social y Economía Social (POISES) no marco do proxecto DANA «Empleo y Emprendimiento en Igualdad». Ten unha duración de 120 horas, das cales 35 son obrigatorias e presencias e o resto a través do noso Campus Online.

A metodoloxía de traballo é fundamentalmente práctica, o cal combina a eficacia da formación presencial coa flexibilidade da formación on line.

Se estás interesada, consulta as datas e mais información.

 

INSCRÍBETE NESTE FORMULARIO.

E poñémonos en contacto contigo.

As prazas son limitadas!

XXIV Curso de Creación de Empresa na Coruña

XXIV Curso de Creación de Empresa na Coruña