Xestión do tempo propio e dos coidados

Xestión do tempo propio e dos coidados

O taller realizado o día 24 de marzo, enmarcado Servizo de Apoio Integral ás Mulleres Coidadoras e financiado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, desenvolveuse nunha sesión de dúas horas durante as cales as participantes puideron reflexionar acerca de cómo xestionar o tempo así como comezar a desenvolver o seu plan persoal para un uso eficaz do mesmo.

Durante esta sesión, xerouse un ambiente de confianza entre as participantes que permitiu que compartiran experiencias propias e se visibilizara de xeito máis claro a distribución dos tempos das mulleres.

Algúns dos contidos abordados xiraron en torno á cantidade, calidade e contido do tempo “libre”, os síntomas da inadecuada administración do tempo, as ocupacións que poden realizar nese tempo, a organización do día, etc. Tamén adicamos un espazo a compartir as dificultades engadidas pola pandemia.

A metodoloxía empregada foi activa, participativa e dinámica, intercalando períodos de exposición teórica, con outros de experiencias persoais e actividades para así promover o interese das mulleres e facilitar a reflexión.

Xestión do tempo propio e dos coidados

Xestión do tempo propio e dos coidados