Voltan os talleres do SAIC Rural para outono

Voltan os talleres do SAIC Rural para outono

Despois dos cursos que tiveron lugar nos meses de maio e xuño nos concellos de Culleredo, San Sadurniño, Ordes e Sada, continuamos co programa SAIC Rural para mulleres coidadoras non profesionais dentro da provincia de A Coruña.

Este setembro, comezamos cos talleres en Melide, concello que se une ao programa por primeira vez este ano 2019.

E a partires de outubro, comezarán os talleres en Bergondo, Curtis-Teixeiro, Ortigueira, Laracha, As Pontes, Cerceda e Ares, estes catro últimos tamén novas incorporacións no programa para este ano.

Unha nova edición de outono do Servizo de Apoio Integral a Coidadoras na que desta volta acompañaremos arredor de 100 mulleres coidadoras e ex coidadoras nos 8 concellos implicados, impartindo talleres sobre Hábitos Saudables, Corresponsabilidade, Habilidades Sociais e Comunicativas, Xestión da Culpa, Historia do Feminismo e Relaxación, entre outros.

En Fundación Mujeres Galicia comezamos o curso con propostas para coidarnos e promover a nosa saúde integral!

Voltan os talleres do SAIC Rural para outono

Voltan os talleres do SAIC Rural para outono