Visitas de seguimento ás mulleres do proxecto para garantir a súa atención xinecolóxica, en 5 comunidades de El Viejo, Chinandega (Nicaragua)

Visitas de seguimento ás mulleres do proxecto para garantir a súa atención xinecolóxica, en 5 comunidades de El Viejo, Chinandega (Nicaragua)

No marco do proxecto “Prevención de la Violencia de Género y mejora de la Salud Sexual y Reproductiva de las mujeres en 10 comunidades de El Viejo, Chinandega (Nicaragua)”, cofinanciado pola Xunta Galicia e promovido por APADEIM e Fundación Mujeres, realizáronse, durante o mes de febreiro, 5 visitas de seguimento nas comunidades de El Congo, Aurelio Carrasco, La Curva,  Buena vista e Manguito, para informar e motivar a aquelas mulleres que aínda non acudiron á revisión médico – xinecolóxica, e ás mulleres que aínda teñen pendente retirar os resultados das probas realizadas..

As visitas de seguimento ás mulleres,14 das 41 previstas, nas súas casas e durante os talleres, permite xerar un clima de confianza e motivalas a programar as visitas na clínica e realizar os seus recoñecementos xinecolóxicos, así como, garantir que acudan a retirar os seus resultados, posibilitando acceso e coñecemento do seu estado de saúde sexual e reprodutivo.

Durante as visitas as mulleres expresaron os seus sentimentos e os medos que lles xera ir retirar os seus resultados, tamén preguntas sobre sintomatología que presentan, así como, a resistencia das súas parellas para facer uso de preservativos masculinos.

As visitas son importantes xa que facilitan conversar e recalcar a importancia sobre a detección do Cancro cérvico uterino, o VIH e outras patoloxías transmisibles que necesitan detección temperá e tratamento oportuno, e así, desta maneira, aquelas mulleres que resulten con algunha patoloxía poidan recibir o tratamento oportuno.

De acordo ao informe da situación epidemiolóxica das ITS-VIH en Nicaragua, elaborado polo Ministerio de Saúde, até o primeiro semestre de 2014 rexistrouse un acumulado de 8.390 persoas con VIH, das cales o 79.4% (7.452) están en etapa VIH, 8.6% (808) en etapa avanzada, 11.5% faleceron (1.079) e nun 0.5% (51) descoñécese o seu status. A taxa de prevalencia de casos acumulados desde 1987 até o primeiro semestre de 2014, foi de 230 x 100.000 habitantes.

En termos demográficos, os departamentos con taxa de maior incidencia á media nacional (17.4), foron: Bilwi con 41.8%, Chinandega cun 36.9%, Managua co 29.3% e Granada con 17.4%.