Visibilizando a mulleres poderosas a través da arte

Visibilizando a mulleres poderosas a través da arte

Seguindo cos actos e actividades enmarcada dentro da Campaña do #8M #MulleresEmpoderandoMulleres da Fundación Mujeres, o pasado luns levouse a cabo una actividade online para as usuarias do Servizo de Apoio Integral ás Mulleres Coidadoras, financiado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, cuxo obxectivo foi mirar aos ollos a algunhas das mulleres máis destacadas desde o século  XX.

Se ben e certo que, debido ao contexto do último ano, o mundo da cultura estase a ver fortemente golpeado impedindo a correcta apertura de museos, galerías e teatros, hai quen soubo sortear e superar os desafíos que lle impuxo este complexo escenario sacando proveito ao mundo dixital. Un gran exemplo disto é o gran proxecto que está a desenvolver Francisco J. Olea xunto á Fundación Hay Mujeres (@Hay_Mujeres) chamado ‘100 Mujeres Mirando á fronte’, para o cal emprega a plataforma de Twitter como unha galería itinerante.

Aproveitando a ocasión, realizouse unha actividade que consistíu en poñer os retratos feitos polo autor sen amosar o nome da muller retratada para que, como nun xogo das adiviñas, as usuarias recoñecesen quenes eran estas mulleres compartindo a información relevante sobre elas e sobre o que estas lles inspiraban, facendo fincapé na súa aportación á loita polos dereitos das mulleres. Simone de Beauvoir, Frida Khalo, Nina Simone, MarylStreep o Madonna son exemplos das mulleres incluídas nesta exposición.

A actividade tivo moi boa acollida e foi moi dinámica grazas as aportacións das participantes.

Visibilizando a mulleres poderosas a través da arte

Visibilizando a mulleres poderosas a través da arte