Tertulia de Coidadanas sobre bulos informativos en época de pandemia

Tertulia de Coidadanas sobre bulos informativos en época de pandemia

Debido á situación de confinamento que estamos a vivir a causa desta emerxencia sanitaria polo Covid-19, xurdiron moitas noticias falsas coa intención de enganar e crear malestar na sociedade. Por isto, Fundación Mujeres levará a cabo un espazo de participación online onde se tratará a temática das noticias falsas e da desinformación á que estamos sometidas durante este confinamento.

Trataranse noticias de diversa índole que están relacionadas coa enfermidade do coronavirus, como pode ser a mala reutilización de mascarillas ou falsos medicamentos que non son eficaces contra esta enfermidade. A maioría destas noticias falsas encóntranse en internet e chegan a nós, principalmente, a través das redes sociais, sendo estas un mecanismo de difusión moi rápido.

Esta actividade, totalmente gratuíta, se levará a cabo este venres 22 de maio no marco de Programa de empoderamento a mulleres coidadoras, executado por Fundación Mujeres e financiado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galcia.

Se es coidadora, excoidadora, o potencial coidadora y queres participar nas próximas actividades, chama ao 981 294 097 (extensión 6001) ou manda un mail a igualdadgalicia@fundacionmujeres.es e te informaremos.

Aínda quedan prazas ¡Anímate e participa!

Tertulia de Coidadanas sobre bulos informativos en época de pandemia

Tertulia de Coidadanas sobre bulos informativos en época de pandemia