Subvención para empresas galegas: Programa EMEGA

A subvención Emega consta de catro liñas de actuación:

1. LIÑA EMPRENDE: programa de axudas económicas a través de primas para estimular a posta en marcha de iniciativas empresariais e a creacción de emprego feminino por conta propia e allea.

2. LIÑA INNOVA: programa de axudas económicas mediante primas para promover a realización de melloras innovadoras nas empresas lideradas por mulleres que comparten a creacción de emprego feminino estable e de calidade e a mellora da competitividade.

3. LIÑA ACTIVA: programa de axudas económicas a través de primas para favorecer a reactivación e consolidación de empresas lideradas por mulleres por medio da aplicación de medidas de renovación, relanzamento, ampliación ou cambio de localización da actividade coas cales alcanzar o equilibrio empresarial buscando o seu mantemento e promoción no contexto económico actual.

4. LIÑA CONCILIA: programa de apoio á conciliación do exercicio profesional coa vida persoal e familiar dirixido ás empresas que acceden a calquera dos programas das liñas Emprende, Innova ou Activa nas cales existan promotoras con fillas ou fillos menores de tres anos, para favorecer o exercicio profesional das emprendedoras que compatibilizan a súa actividade co exercicio da maternidade en idades temperás e/ou nas cales, a través de acordos, convenios ou contratos de teletraballo, se implementen novos sistemas de organización, que comparten flexibilidade no uso dos tempos para a execución do traballo e o desenvolvemento sustentable dos recursos, para facilitar a conciliación da vida persoal e laboral e o exercicio das responsabilidades familiares compartidas do equipo humano que integra a empresa.

Prazo de solicitude: Ata 22 de xuño de 2012

Máis información: DOG nº 96 Martes, 22 de maio de 2012

Subvención para empresas galegas: Programa EMEGA

Subvención para empresas galegas: Programa EMEGA