Servizo de Apoio Integral ás Mulleres Coidadoras no municipio da Coruña

Servizo de Apoio Integral ás Mulleres Coidadoras no municipio da Coruña

O Servizo de Apoio Integral ás Mulleres Coidadoras, que xa leva 10 anos no marco de diferentes financiacións, e que este ano se reforza co apoio financeiro do Concello da Coruña, vén a complementar os recursos xa existentes para fomentar a activación persoal e o autocoidado nas mulleres, a súa participación social e a súa cidadanía activa. Con este programa de continuidade preténdese contribuír a mellorar e favorecer a saúde e a calidade de vida das mulleres coidadoras, ex coidadoras e futuras coidadoras de familiares con diversidade funcional poñendo á súa disposición información e asesoramento individualizado, talleres e outras actividades grupais para que demanden apoio de xeito eficaz e fomentando nelas uns hábitos de vida máis saudables.

Así mesmo, mediante as actividades grupais nas que participan, refórzanse as relación sociais a través da interacción con mulleres que están en situacións similares.

A formación en materia de autocoidado, habilidades de comunicación, corresponsabilidade e xestión do tempo pretenden que as mulleres poidan exercer as labores de coidado dunha maneira máis saudable, mellorar a súa calidade de vida e que se minimicen os riscos de saúde que corren na actualidade, asociados a malas prácticas e hábitos prexudiciais en relación ás tarefas que desenvolven como coidadoras. Desta forma fomentamos o seu empoderamento persoal durante toda a intervención.

Servizo de Apoio Integral ás Mulleres Coidadoras no municipio da Coruña

Servizo de Apoio Integral ás Mulleres Coidadoras no municipio da Coruña