Seguimento ao proceso de sensibilización con homes sobre a saúde sexual e reprodutiva, en El VIejo (Nicaragua)

Seguimento ao proceso de sensibilización con homes sobre a saúde sexual e reprodutiva, en El VIejo (Nicaragua)

No marco do proxecto «Prevención de la Violencia de Género y mejora de la Salud Sexual y Reproductiva de las mujeres en 10 comunidades de El Viejo, Chinandega (Nicaragua)«, cofinanciado pola Xunta de Galicia e promovido por APADEIM e Fundación Mujeres, o 28 de xaneiro desenvolveuse un grupo focal cos homes, un total de 6, beneficiarios do proxecto.
Durante esta actividade, os homes compartiron as súas aprendizaxes e percepcións sobre as temáticas abordadas, en concreto saúde sexual e reprodutiva. Entre os aspectos a destacar, mencionan que aprenderon sobre o respecto aos dereitos das mulleres e que elas non son un obxecto que se poida utilizar ao seu antollo, xa que cando o home obriga á muller a ter relacións sexuais está a actuar con violencia.
Ademais, apréciase que os homes comezan a cuestionar algunhas crenzas tradicionais sobre a sexualidade masculina, expondo que os homes deben ter unha actitude responsable para diminuír o risco de adquirir enfermidades de transmisión sexual (ETS), e en consecuencia transmitirlla á súa parella. Doutra banda, eles fixéronse conscientes de que a saúde sexual e reprodutiva refírese tamén ao coidado do corpo facendo énfase na hixiene, a planificación familiar e prevención de enfermidades. Tamén mencionan que é importante que esta información chegue a máis persoas das súas comunidades e que se continúe co proceso, para que poida diminuírse os casos de violencia e poder previr a trasmisión das ETS.