Salud Sexual e Reprodutiva na comunidade de El Manguito en El Viejo, Chinandega

Salud Sexual e Reprodutiva na comunidade de El Manguito en El Viejo, Chinandega

A principios de setembro desenvolveuse o taller «Protocolo, manuais de atención en Saúde Sexual e Reprodutiva nos centros de Saúde», enmarcado no proxecto «Prevención de la Violencia de Género y mejora de la Salud Sexual y Reprodutiva de las mujeres en 10 comunidades de El Viejo, Chinandega (Nicaragua) Fase 1», cofinanciado pola Xunta de Galicia e executado por APADEIM e Fundación Mujeres. O taller levouse a cabo na comunidade de El Manguito, contando coa participación de oito mulleres. O obxectivo deste taller é, principalmente, que as mulleres coñezan as funcións da institución prestadora de servizos en Saúde Sexual e Saúde Reprodutiva e recoñezan estes como un dereito.

Destácase a participación activa das asistentes nas dinámicas, quen compartiron tanto as súas inquietudes como opinións sobre a situación. Discutiuse sobre o papel do Ministerio de Saúde, como organización reitora da saúde publica en Nicaragua e sobre a necesidade das mulleres de poder acceder a programas dirixidos a mellorar a saúde sexual e reprodutiva, ausentes agora mesmo en moitas comunidades. Actualmente moitas mulleres carecen dunha atención de calidade e próxima, o que as leva á automedicación e o uso do medicamento natural, tal e como se desprende dos seus comentarios:

 “A mí me había salido algo en las mamas, las tenía rojas y hundidas, fui al hospital y me dijeron que todo estaba bien”; “La atención es pésima, a veces nos han dado charlas sobre planificación familiar, en cuanto a métodos anticonceptivos yo prefiero comprarlos.”

Salud Sexual e Reprodutiva na comunidade de El Manguito en El Viejo, Chinandega

Salud Sexual e Reprodutiva na comunidade de El Manguito en El Viejo, Chinandega