Rexistrados 43 casos de violencia de xénero en 8 municipios de Chinandega, Nicaragua.

Rexistrados 43 casos de violencia de xénero en 8 municipios de Chinandega, Nicaragua.

No marco do proxecto “Prevención de la Violencia de Género y mejora de la Salud Sexual y Reproductiva de las mujeres en 10 comunidades de El Viejo, Chinandega (Nicaragua)”, cofinanciado pola Xunta de Galicia e promovido por APADEIM e Fundación Mujeres, vén  realizando unha valoración do contexto actual, a través do seguimento dos casos de violencia de xénero no observatorio comunitario.

Durante o período de xaneiro a marzo deste ano, os casos máis reportados son os relativos ás demandas por pensión alimenticia 37% (16),  os cales, ademais, xeraron violencia psicolóxica e ameazas dirixidas ás mulleres que interpuxeron as denuncias, seguidos polos casos de violencia Física 30%(13)  e  violacións 9%(4), nos que as vítimas foron menores de 19 anos.

O municipio de El viejo, e as súas comunidades,  encabeza os índices máis altos de violencia de xénero no que vai do ano cun 32% (14) dos casos. Outros municipios con altos índices de violencia baseada en xénero é Corinto, cun 21% (9),  seguido de Tonalá 14% (6), Puerto Morazán 12% (5),  Posoltega  12%(5), Chichigalpa 7% (3) e Santo Tomás 2%  (1).

En Nicaragua, os xuízos impulsados pola Defensoría Pública en materia de familia, especificamente nas demandas de alimentos ascenden a 2.959, sumando uns 7,7 millóns de córdobas, segundo detallou a institución nunha conferencia  de prensa o ano pasado. No ano 2014, as pensións que logrou impulsar a Defensoría sumaron máis de 12 millóns de córdobas.

Coas reformas ao regulamento da lei 779 e o novo decreto presidencial, se desnaturaliza o espírito da lei, comprometendo os dereitos das vítimas. Segundo o novo instructivo ditado pola Corte Suprema de Xustiza, para os casos de violencia, pensión de alimentos e protección especial de nenos, nenas e adolescentes, ningún xuíz poderá ordenar a captura de procesados en rebeldía por incumprimento de pensión alimenticia, nin por delitos menos graves, e no caso de que o fixese, a Policía Nacional non a cumprirá.

É así que a lei 779 veu perdendo o status que tiña, ao cambiar o seu propósito de visibilizar a violencia no ámbito público e privado, así como, acrecentar a impunidade polo temor que teñen as mulleres a denunciar, debido a que a orientación de diferentes  instancias está dirixida a que aprendan a perdoar  ao  seu agresor.

Rexistrados 43 casos de violencia de xénero en 8 municipios de Chinandega, Nicaragua.

Rexistrados 43 casos de violencia de xénero en 8 municipios de Chinandega, Nicaragua.