Revisións médico xinecolóxicas en El Viejo

Revisións médico xinecolóxicas en El Viejo

No marco do proxecto “Prevención da Violencia de Xénero e mellora da Saúde Sexual e Reprodutiva das mulleres en 10 comunidades de El Viejo, Chinandega (Nicaragua)”, cofinanciado pola Xunta de Galicia e executado por APADEIM e a Fundación Mujeres, o pasado 12 de xullo mulleres de El Viejo beneficiarias do proxecto acudiron á clínica Xóchitl Acalt, onde foron informadas dos resultados obtidos no recoñecemento anterior, e déuselles tratamento en función do diagnóstico obtido.

Actualmente tanto o cancro cervicouterino como o cancro de mama continúan sendo os máis frecuentes en Nicaragua, polo que é de suma importancia a presente actividade do proxecto, a cal pretende facilitar o acceso das mulleres a exames especializados que garantan un diagnóstico máis acertado en lesións precursoras do cancro de colo de útero e de mama, así como para identificar outras posibles patoloxías e poder contar cun oportuno tratamento.

Algunhas das mulleres que asistiron á consulta deberán continuar con seguimento, dado que a súa situación médica aínda non foi resolta na súa totalidade. As mulleres manifestaron sentirse alegres coa atención recibida, agradecidas e motivadas para seguir ao pé da letra as indicacións enviadas pola xinecóloga.

Cabe sinalar que unha das compañeiras é orixinaria da Comunidade Los Paniquines, unha comunidade de El Viejo que non está presente no proxecto, pero cuxa atención foi solicitada e aceptada dada a gravidade do caso.

Revisións médico xinecolóxicas en El Viejo

Revisións médico xinecolóxicas en El Viejo