Rematan os itinerarios formativos do SAIC A Coruña 2022 cunha participación de case 200 mulleres

Rematan os itinerarios formativos do SAIC A Coruña 2022 cunha participación de case 200 mulleres

Fundación Mujeres durante este ano puxo en marcha unha serie de obradoiros no marco do Servizo de Apoio Integral ás Mulleres Coidadoras financiado polo Concello da Coruña, co fin de brindar atención ás coidadoras non profesionais da cidade. Este ano alcanzouse a participación de en torno a 200 mulleres dentro dos obradoiros.

Os obradoiros desenvolvéronse en distintos espazos municipais, coma o Forum Metropolitano, o CC Novoboandanza, o CC Os Mallos, o CC Os Rosales, o CC O Castrillón, o CC San Diego e o CC Monelos. Tamén se desenvolveron noutros centros como ADCOR situado nos Rosales e Aspronaga.

As temáticas tratadas, adaptadas ás necesidades das usuarias participantes, versaron sobre a saúde e o autocoidado, a mellora e fortalecemento da autoestima e da xestión emocional, a procura da relaxación corporal e mental a través da respiración, a xestión do tempo, a comunicación e escoita activa, como poñer límites e a resolución asertiva dos conflitos familiares; así coma a identificación e xestión do sentimento de culpa e a corresponsabilidade. Nesta edición tratamos tamén temáticas encamiñadas á activación laboral das mulleres coidadoras e á mellora das súas competencias dixitais.

Ademais, leváronse a cabo distintas actividades de reforzo coma a visita cultural ao Museo Arqueolóxico do Castelo San Antón e o Castro de Elviña, visitas guiadas a exposicións ou diferentes charlas impartidas en colaboración con outras/os profesionais, tendo moi boa acollida por tódalas usuarias.

Todas estas coa finalidade fortalecer o empoderamento das mulleres coidadoras para favorecer o seu desenvolvemento persoal así como a súa participación social e/ou laboral. Así mesmo, favorécese a toma de conciencia sobre os seus dereitos como cidadás e sobre a necesidade de autocoidarse mentres crean redes de apoio mutuo.

As case 200 mulleres asistentes mostráronse moi implicadas co grupo e cas temáticas traballadas, ademais de participativas en cada unha das sesións impartidas. Agradeceron os coñecementos achegados durante os diferentes obradoiros, tal e como se viu reflexado nas valoracións dos cuestionarios realizados ao rematar, ademais de mostrar interese por tratar outras temáticas relacionadas co seu autocoidado físico, emocional e social.

Dende Fundación Mujeres agradecemos ao Concello de A Coruña a aposta por este proxecto e esperamos darlle continuidade a este Servizo sumando novas participantes coidadoras para que podan mellorar a súa calidade de vida

Rematan os itinerarios formativos do SAIC A Coruña 2022 cunha participación de case 200 mulleres

Rematan os itinerarios formativos do SAIC A Coruña 2022 cunha participación de case 200 mulleres