Rematan os derradeiros obradoiros realizados no Servizo de Apoio Integral a Coidadoras no medio Rural

Rematan os derradeiros obradoiros realizados no Servizo de Apoio Integral a Coidadoras no medio Rural

Damos por finado o programa de Servizo de Apoio Integral a Coidadoras no Medio Rural por este ano 2022. As temáticas tratadas nos obradoiros que se impartiron nos diferentes concellos para promover a activación persoal e social das usuarias foron as de saúde e autocoidado, autoestima, habilidades de comunicación, xestión emocional, escoita activa, xestión do tempo persoal ou relaxación.

A partir destos contidos puidemos profundizar e facilitar ferramentas para paliar as consecuencias negativas derivadas do rol das coidadoras. Ademais, leváronse a cabo varios espazos de participación onde se trataron temas como a Xestión da Culpa, A soidade positiva nas mulleres, a Aproximación aos cambios ocupacionais e na saúde das mulleres que prestan coidados non remunerados no seu día a día ou a Prevención do acoso na rúa.

Ao longo deste ano a intervención levouse a cabo nas localidades de Arteixo, Arzúa, As Pontes, Betanzos, Carballo (Afaber), Cerceda, Culleredo (As Berenguelas), Irixoa, Laracha , Melide, Ordes, Pontedeume-Cabanas  e  Rois (COGAMI). Un total 13 concellos onde o traballo en grupo convérteuse na ferramenta fundamental para fomentar a aprendizaxe, o intercambio de opinións e experiencias, ademáis de establecer redes de activación social e apoio mutuo. Promovemos un espazo de participación ceibe de prexuízos onde as mulleres se puideran sentir cómodas e acompañadas á hora de abordar en profundidade as temáticas a tratar.

Xa rematado o programa podemos apreciar que esta experiencia foi moi positiva xa que, segundo comentaron as mesmas participantes, aprenderon a escoitarse e a buscar máis tempo para atender a súas necesidades, incorporaron ás súas rutinas o autocoidado e entenderon a importancia de sentirse mellor consigo mesmas e compartir as súas emocións. A opinión xeral de que o programa tería que ser máis longo, tamén nos indica a clara necesidade da organización deste tipo de obradoiros e dos beneficios que aporta ás usuarias, que topan neste espazo un momento para pensar en sí mesmas, mellorar o ser empoderamento e desconectar da continua responsabilidade que conlevan os coidados.

Dende Fundación Mujeres queremos agradecer a todo o persoal técnico dos concellos e das asociacións colaboradoras pola súa implicación, polo seu interese na búsqueda da adecuada realización destes talleres e polo seu traballo diario coas mulleres coidadoras do medio rural.

Desexamos poder continuar con este programa e coas distintas colaboracións de cara ao vindeiro ano para seguir promovendo a importancia do autocuidado a un colectivo moi castigado e ás máis das veces olvidado. Así, pretendemos seguir ofrecendo ás mulleres coidadoras á oportunidade de compartir tempo e ocio, vivir dedicándose tempo a si mesmas e sobre todo sentirse protagonistas do seu propio empoderamento persoal e activación social.

Rematan os derradeiros obradoiros realizados no Servizo de Apoio Integral a Coidadoras no medio Rural

Rematan os derradeiros obradoiros realizados no Servizo de Apoio Integral a Coidadoras no medio Rural