Rematan as actividades do Servizo de Apoio Integral ás mulleres coidadoras no 2022

Rematan as actividades do Servizo de Apoio Integral ás mulleres coidadoras no 2022

Fundación Mujeres, co apoio financeiro da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia no marco da convocatoria de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% del IRPF, levou a cabo un ano máis o Servizo de Apoio Integral ás Mulleres Coidadoras, un proxecto co que se pretende favorecer o exercicio dos dereitos das mulleres e dunha cidadanía activa, a través do seu empoderamento persoal e a súa activación social e laboral.

Este continuamos desenvolvendo a nosa intervención en tres das provincias da comunidade autónoma de Galicia: A Coruña, Lugo e Pontevedra, podendo así chegar e dar unha atención de calidade a mais mulleres coidadoras que están nunha situación de especial vulnerabilidade, froito das propias características e consecuencias que teñen os coidados, moito mais se cabe a raíz da situación de crise sanitaria dos últimos dous anos.

Gustaríanos agradecer expresamente ás 60 mulleres que participaron nos obradoiros, as cales manifestaron a súa satisfacción co Servizo mediante as enquisas de valoración. Nestas enquisas podemos ver que se conseguiron cumprir as expectativas e os obxectivos marcados para o desenvolvemento do programa, sendo alguna das valoracións recollidas as seguintes:

  • “Mis felicitaciones por el planteamiento de estos talleres tan necesarios para las cuidadoras”.
  • “Que as sesións duren mais tempo e mais dias”.
  • “Volver a repetir el próximo año porque son muy interesantes”.
  • “Oxalá coñecese esta entidade antes. Servíronme de moito”.
  • «Os meus parabéns polo plantexamentos destes talleres tan necesarios para as coidadoras de persoas con diversidade funcional”.

Cómpre salientar novamente o reclamo por parte das participantes da continuidade do Servizo, demandando unha maior duración do mesmo no tempo.

Por último, agradecer tamén ao persoal técnico dos concellos e ao tecido asociativo que colaborou con Fundación Mujeres na posta en marcha do programa deste ano e esperamos poder seguir contando con vos o ano que ben.

Rematan as actividades do Servizo de Apoio Integral ás mulleres coidadoras no 2022

Rematan as actividades do Servizo de Apoio Integral ás mulleres coidadoras no 2022