Rematamos os talleres de formación para coidadoras do medio rural desexando comezar de novo o próximo ano

Rematamos os talleres de formación para coidadoras do medio rural desexando comezar de novo o próximo ano

Foron nove os concellos que participaron no programa financiado pola Deputación de A Coruña: Cambre, Abegondo, Carral, Betanzos, Culleredo, Abegondo, Sada, Curtis-Teixeiro e a Mancomunidade de Ordes.

En total participaron oitenta e seis mulleres coidadoras de familiares dependentes, e o resultado pareceunos moi positivo: docentes e participantes quedamos con ganas de máis tempo para compartir entre nós.

O traballo en grupo convértese nunha ferramenta fundamental para fomentar o intercambio de experiencias e o establecemento de redes de apoio mutuo. Os talleres monográficos ofrecen ás participantes un coñecemento en profundidade sobre as temáticas a tratar, nos que se abordaron contidos como o auto coidado, o desenvolvemento de habilidades persoais e comunicativas, a optimización na xestión do tempo ou aspectos relacionados coa regulación de conflitos, así como técnicas de relaxación.

Asemade realizáronse talleres de prevención de transtornos músculo-esqueléticos (grazas á colaboración da Fundación Siel Blue), e de Ergonomía e hixiene postural (grazas ao Sindicato de Enfermería de Galicia)

O horizonte dos obradoiros sempre é o de apoiar un proceso de fortalecemento persoal e social das mulleres coidadoras, introducindo procesos de reflexión e análise sobre as situacións cotiás e singulares que viven e o efecto que estas teñen sobre o seu benestar. Durante este proceso facilitáronse chaves, estratexias e ferramentas prácticas para o desenvolvemento de novas maneiras de pensar e sentir, novas capacidades e competencias; que fomentaron xeitos novos e máis beneficiosos de afrontar tanto o propio auto coidado (físico, emocional e social) como de xestionar o coidado da persoa dependente.

Rematamos os talleres de formación para coidadoras do medio rural desexando comezar de novo o próximo ano

Rematamos os talleres de formación para coidadoras do medio rural desexando comezar de novo o próximo ano