Realizada a elección do comité coordinador para a Rede Asociacións de Mulleres Salvadoreñas

Realizada a elección do comité coordinador para a Rede Asociacións de Mulleres Salvadoreñas

Como parte das accións de seguimento á Rede de Asociacións de Mulleres, enmarcadas no proxecto “Mulleres salvadoreñas avanzando cara ao cumprimento dos dereitos sexuais e reprodutivos e dunha libre de violencia”,executado polas Mélidas www.lasmelidas.org.sv en coordinación con Fundación Mulleres http://fundacionmujeres.es/ e o apoio financeiro da Xunta de Galicia,realizouse  a elección do comité coordinador para poder empezar con algunhas das accións planificadas.

Esta elección realizouse a través dunha asemblea, na cal se brindou  ás participantes as responsabilidades do comité coordinador. Para a súa análise e discusiónreuniuse ás mulleres asistentes en grupos por municipio de procedencia.

Cada grupo deu lectura ás funcións que terá cada integrantedo comité coordinador, así como o seguimento ao Plan Operativo Anual (POA). Ao finalizar aanálise e discusión das funcións procedeuse á elección das candidatas que conformarán o comité durante un período de duración de dous anos.

As participantes elixiron a Mercedes Martínez, de Zacatecoluca, como Presidenta e a Teresa de Jesús Cruz, Morena del Carmen De León, Iliana Beatriz Reyes, Ángela Castillo Vásquez, Dora Noemy Mejía Portillo e Iliana Molina, como integrantes do comité coordinador.

Finalmente, as integrantes do comité, quen teñen a responsabilidade de coordinar as accións expostas no POA en favor da Rede de Asociacións de Mulleres, xuraron o cargo ante a Asamblea.

Realizada a elección do comité coordinador para a Rede Asociacións de Mulleres Salvadoreñas

Realizada a elección do comité coordinador para a Rede Asociacións de Mulleres Salvadoreñas