Proceso de avaliación cos homes en El Viejo, Nicaragua

Proceso de avaliación cos homes en El Viejo, Nicaragua

No marco do proxecto “Prevención de la Violencia de Género y mejora de la Salud Sexual y Reproductiva de las mujeres en 10 comunidades de El Viejo, Chinandega (Nicaragua) FASE I”, cofinanciado pola Xunta de Galicia e executado por APADEIM e Fundación Mujeres, os homes de comunidades rurais participaron no proceso de avaliación do proxecto a finais do mes de novembro.

Esta actividade realízase coa finalidade de identificar os principais resultados aos que contribuíu a intervención realizada nas comunidades onde se levaron a cabo un proceso de sensibilización a través de capacitacións sobre saúde sexual e reprodutiva e masculinidades. Nestes obradoiros, que se desenvolveron ao longo de 2015 e 2016 cos homes beneficiarios das comunidades rurais de El Viejo, abordáronse temáticas relacionadas co respecto dos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres, a sexualidade e paternidade responsable así como a prevención das ITS, partindo das súas experiencias previas.

Durante os grupos focales e as entrevistas os homes manifestaron obter diferentes aprendizaxes entre os que destaca: a identificación da muller como suxeita de dereitos e non como un obxecto sexual ou propiedade, o cal se considera de suma importancia xa que a relación de poder de homes sobre mulleres é a causa principal da violencia baseada en xénero e o feito de que os homes estean a cambiar a maneira en que ven ás mulleres considérase un aspecto moi positivo.

Outro das aprendizaxes importantes mencionados polos homes é a responsabilidade compartida, que debe existir tanto na planificación familiar como na prevención das ITS. Esta foi unha das reflexións e compromisos asumidos por eles, xa que debido a moitas crenzas tradicionais viuse como unha responsabilidade exclusiva das mulleres. Ademais, manifestaron unha percepción positiva sobre o proxecto e a disposición de continuar integrándose nos diferentes procesos que poidan iniciarse.

Proceso de avaliación cos homes en El Viejo, Nicaragua

Proceso de avaliación cos homes en El Viejo, Nicaragua