Presentación Gira Mujeres en Lugo

Presentación Gira Mujeres en Lugo

O pasado venres tivo lugar a presentación do programa GIRA Mujeres en Lugo onde acudiron a Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, xunto a xestora de comunicación de Coca Cola, Gema Domínguez, Fundación Mujeres, e o representante do Club Burela Fútbol Sala Femenino, Nando López Otero. Presentaron no Salón de Plenos, a segunda edición do proxecto GIRA Mujeres, unha iniciativa que se realiza por primeira vez en Lugo, de formación gratuíta e destinada as mulleres cunha idea de negocio ou ben que estean interesadas en coñecer o emprendemento como forma de traballo.

O programa realizarase os próximos días 9 e 10 de maio no CEi Nodus en Lugo en horario de 9:30 a 13:30. Para tódalas mulleres interesadas en participar poden inscribirse Aquí

Presentación Gira Mujeres en Lugo

Presentación Gira Mujeres en Lugo