Obradoiros sobre Dereitos Sexuais e Dereitos Reprodutivos, coas mulleres das comunidades de El Viejo, Chinandega (Nicaragua).

Obradoiros sobre Dereitos Sexuais e Dereitos Reprodutivos, coas mulleres das comunidades de El Viejo, Chinandega (Nicaragua).

Ao longo da primeira semana de outubro realizáronse 4 dos obradoiros enmarcados no plan formativo do Proxecto  “Prevención de la Violencia de Género y mejora de la Salud Sexual y Reproductiva de las mujeres en 10 comunidades de El Viejo, Chinandega (Nicaragua)” cofinanciado pola Xunta Galicia e promovido por APADEIM e Fundación Mujeres. Nestes talleres participaron 33 mulleres das comunidades de Mata de Cacao, Buena Vista, La Curva e Aurelio Carrasco. A capacitación realizada abordou os dereitos sexuais e dereitos reprodutivos na vida das mulleres.

Durante todas as capacitacións, as mulleres tiveron unha participaron activa e efectiva, demostrando gran interese sobre o tema, realizando preguntas e comentarios respecto ao vínculo dos seus dereitos coa súa saúde sexual e reprodutiva.

Para as mulleres unha das súas necesidades primordiais é unha vida libre de violencia, sobre todo no que respecta á súa saúde reprodutiva, logrando analizar que son suxeitas de dereitos e para exercelos, o primeiro paso é coñecelos.

As mulleres identificaron violacións aos seus dereitos sexuais e reprodutivos cando sufriron discriminación no acceso aos servizos de planificación familiar e na toma de decisións sobre o seu propio corpo, principalmente, vulneración do seu dereito a decidir cantos fillos e fillas ter e o dereito a unha maternidade segura. Comentábannos que, en concreto, a atención recibida durante o momento do parto e puerperio é de baixa calidade e pouca calidez.

En canto ao acceso aos servizos de información e dispoñibilidade de métodos anticonceptivos, comentaban que tamén se lles están vulnerando os seus dereitos. Os postos e unidades de saúde nas comunidades, soamente teñen dispoñible a inxección de 3 meses, e en horarios que as mulleres non poden acceder. Ademais, as mulleres, comentan que non están a recibir ningunha información sobre as vantaxes e desvantaxes do uso permanente deste método de planificación familiar.