Obradoiros de verán para a busca de emprego na Coruña

Obradoiros de verán para a busca de emprego na Coruña

Empezamos unha nova edición de formación para a busca de emprego no verán. Con este programa formativo queremos acompañarte na túa procura de emprego, mediante obradoiros presenciais e titorías individualizadas, co obxectivo de traballar as habilidades sociais e competencias persoais para a empregabilidade  tanto por conta propia como allea, coñecer os recursos para mellorar a túa incorporación ao mercado laboral e traballar as competencias dixitais.

O proxecto DANA – A Coruña está financiado polo Concello da Coruña, que forma parte do proxecto DANA Empleo y Emprendimiento en Igualdad financiado polo Fondo Social Europeo e o Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

Faremos dúas edicións:

EDICIÓN I:

DATA DE INICIO: 17 de xullo de 2019

DATA DE REMATE: 09  de agosto de 2019

TOTAL HORAS PRESENCIAIS: 51H.

EDICIÓN II:

DATA DE INICIO: 10 de setembro de 2019

DATA DE REMATE: 04 de outubro de 2019

TOTAL HORAS PRESENCIAIS: 51H.

OBRADOIRO ESPECIAL: Manipulación de alimentos. 8 de outubro de 2019 (para as mulleres con itienrario formativo con Fundación Mujeres)

LUGAR DE REALIZACIÓN: Aula Informática Biblioteca Fórum Metropolitano. rúa Río Monelos, 1

HORARIO: 9.30 – 13.30 H

PROGRAMA:

  • Módulo 1:Habilidades e competencias para o emprego
  • Módulo 2: Motivación e habildiades para o autoemprego
  • Módulo 3:Competencias dixitais para o emprego
  • Módulo 4:Formación en competencias básicas para o emprego e o autoemprego
  • Módulo 5: Formación en liña para a procura de emprego

Inscríbete a través do enlace pinchando AQUÍ

Mais información:

galicia@fundacionmujeres.es

981 29 4097  / 660 35 58 31

Obradoiros de verán para a busca de emprego na Coruña

Obradoiros de verán para a busca de emprego na Coruña