Obradoiros de “Homofobia e Misoxinia” para homes de El Viejo (Nicaragua).

Obradoiros de "Homofobia e Misoxinia" para homes de El Viejo (Nicaragua).

No marco del proyecto “Prevención de la Violencia de Género y mejora de la Salud Sexual y Reproductiva de las mujeres en 10 comunidades de El Viejo, Chinandega (Nicaragua)”, cofinanciado por la Xunta de Galicia y promovido por APADEIM y Fundación Mujeres, iniciáronse, ao longo do mes de setembro, os obradoiros sobre «Homofobia e Misoxinia», con 25 homes beneficiarios do proxecto de 3 comunidades rurais de El Viejo, Nicaragua.

Nestes obradoiros se abordán os conceptos de homofobia e misoxinia co propósito de reflexionar sobre a orixe da homofobia e a súa relación coa misoxinia, e tamén que eles identifiquen os efectos da homofobia e a misoxinia na vida das mulleres, nenas, nenos e homes, como expresións de violencia.
Así mesmo, tamén se analizou cos grupos o significado da homofobia, entendéndoa como o odio irracional a toda persoa que sente atracción por outras da súa mesmo sexo e, no caso da misoxinia, como o odio cara ás mulleres e todo o que teña un aspecto feminino. Os participantes chegaron á conclusión de que este odio procede daquelas crenzas ou mensaxes relixiosas e sociais que nos inculcan desde que nacemos. Entre as consecuencias de ambas está a discriminación, crimes de odio e o suicidio.

Durante o mes de outubro, estes obradoiros levarán a cabo tamén con homes doutras 7 comunidades participantes no proxecto.

Obradoiros de “Homofobia e Misoxinia” para homes de El Viejo (Nicaragua).

Obradoiros de “Homofobia e Misoxinia” para homes de El Viejo (Nicaragua).